A nivel europeo, a contracción económica estase combatendo a través dunha maior apertura do seu mercado interno. Para isto se están analizando os obstáculos existentes á libre circulación e artellando novas propostas para favorecer a mobilidade dos traballadores e as empresas. A Comisión Europea está traballando nunha nova directiva que permita reforzar a aplicación práctica dos dereitos a favor da libre circulación dos traballadores e as súas familias. No contido deste boletín detállanse ademais outros avances no ámbito da educación ou da fiscalización, en sectores profesionais como a avogacía, ou mediante a creación dun certificado homologado das competencias profesionais.
Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Comisión Europea
Dirección Xeral de Emprego
Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
Data
2013
Formato
Electrónico
Número de páxinas
15
Información adicional