CEG

 

Sección: Cousiñas sobre o Plan de Igualdade. Capítulo 1: Contido mínimo

Sección:  Cousiñas sobre o Plan de  Igualdade.  Capítulo 1: Contido mínimo

Sección:  Cousiñas sobre o Plan de  Igualdade

Capítulo 1: Contido mínimo

Sabes cal é o seu contido mínimo? Dicímoscho

1.    Sinalar as partes que están a concertar (que deberán estar lexitimadas).
2.    Concretar os ámbitos de aplicación: temporal, persoal e territorial.
3.    Un resumo/informe do resultado da diagnose de situación da empresa.
4.    Resultados e conclusións da auditoría retributiva, así como a súa vixencia e periodicidade, de acordo co RD 902/2020, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.
5.    Obxectivos que se pretenden acadar. Definilos.
6.    Medidas a implantar nas distintas áreas analizadas, en función do resultado da diagnose, concretando as mesmas e indicando os prazos para levalas a cabo, así como indicadores axeitados para poder medir a implantación de cada unha delas.
7.    Determinar a composición da comisión u órgano paritario de seguimento, avaliación e revisión periódica do plan, así como o seu funcionamento.
8.    Detallar os recursos necesarios para a implantación, seguimento e avaliación das medidas.
9.    Calendario de traballo coa distribución das accións para implantación, seguimento e avaliación.
10.    Procedemento de seguimento, avaliación e revisión periódica.
11.    Sistema de modificación que procedan, incluíndo o método que se seguirá para poder resolver posibles discrepancias que puidesen xurdir da aplicación, seguimento avaliación ou revisión.

E non te esquezas  de ir mirando os próximos capítulos desta sección, na que iremos contando Cousiñas sobre o Plan de Igualdade.

No segundo capítulo: Obrigatoriedade de contar cun Plan de Igualdade

Se tes outras dúbidas, queres saber mais, ou precisas asesoramento técnico personalizado, contacta co noso Gabinete técnico de Igualdade. 

igualdade@ceg.es
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.