CEG

 

Corresponsabilidade: A importancia de vencer resistencias

Corresponsabilidade: A importancia de vencer resistencias

Segundo a definición do Instituto das mulleres, a corresponsabilidade é “a repartición equilibrada das tarefas domésticas e das responsabilidades familiares, tales como a súa organización, o coidado, a educación e o afecto de persoas dependentes dentro do fogar, co fin de distribuír de maneira xusta os tempos de vida de mulleres e homes”.  En termos xerais, falar de corresponsabilidade adoita “incomodar” a moitos homes.

Que sostén esta resistencia a prestar atención cando se lles convida, se lles require ou se lles interpela para que entendan a necesidade de que asuman as súas responsabilidades para lograr unha igualdade real?

Aínda que cada vez hai máis homes que se involucran nas tarefas domésticas e de coidados, a corresponsabilización é aínda claramente insuficiente para ser igualitaria, e os datos estatísticos mostran que os homes non se encargan nin da metade desas tarefas. Son labores necesarios, pero son fatigosas, esgotadoras, monótonas, aburridas... e moitos homes seguen procurando “zafarse”. 

Os estudos sobre a materia seguen indicando que, cando unha muller e un home (que eran “singels”) inician unha convivencia, ela empeora a súa calidade de vida e el mellóraa, o que significa que eles non se involucran na repartición, o que se traduciría nunha lóxica redución para ambos se compartisen as tarefas domésticas que antes realizaban por separado.

Resultado: 

    a perpetuación da “dobre xornada laboral” das mulleres traballadoras.
    que os homes (ao dedicar menos tempo a estas tarefas) dispoñan de enerxía (e tempo) para actividades de lecer, descanso, estudo e traballo, o que se traduce nun privilexio para eles e menores oportunidades para elas.

Que estratexias poderían ser eficaces para lograr que os homes deixen ao carón as resistencias e se comprometan coa corresponsabilidade?

•    Visibilizar os privilexios e os custos inherentes á masculinidade tradicional.
•    Xerar autoconcencia entre o colectivo masculino, traballando desde unha perspectiva persoal, pero aplicando a perspectiva de xénero. 
•    Enfrontar á sociedade no seu conxunto aos nesgos internos (en moitas ocasións inconscientes). 
•    Promover a responsabilidade dos homes cara ao cambio social.

No ámbito laboral, en España, dende a publicación da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes, e a normativa posterior, profundouse en tentar conseguir a igualdade real, potenciado o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes integrando con este a ausencia de toda discriminación por razón de sexo e, especialmente, as derivada da maternidade, a asunción de obrigacións familiares e as do estado civil. 

Trátase dunha das normativas máis avanzadas no mundo occidental… pero aínda queda moito para conseguir esa anhelada paridade de xéneros.

E a corresponsabilidade é clave. Parece clara a necesidade (imperiosa) de que todo o mundo “reme” na mesma dirección para vencer as resistencias que aínda existen cara ao exercicio da corresponsabilidade e lograr unha igualdade real.

Descarga e le o artigo completo!

[email protected]
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.