CEG

 

A Intelixencia Artificial vs a Igualdade de xénero. Beneficios e Riscos. Parte II. Riscos.

A Intelixencia Artificial vs a Igualdade de xénero. Beneficios e Riscos. Parte II. Riscos.

A Intelixencia Artificial vs a Igualdade de xénero 
Beneficios e Riscos
Parte II. Riscos

Tanto os beneficios expostos na Parte I, como os riscos mencionados nesta Parte II, relacionados coa incorporación das tecnoloxías de IA, cando falamos do sector público, considéranse negativas ou positivas na medida en que estean (ou non) orientadas a mellorar o benestar común, cun aumento dos piares fundamentais da democracia: a xustiza e a igualdade, tendo en conta: por unha banda, a mellora dos niveis de eficacia e eficiencia, a predición de posibles problemas, a personalización dos servizo e, por outra, evitar riscos, como a opacidade dos algoritmos, a presenza de nesgos, non respectar a privacidade…

Porque, como en moitos outros ámbitos, o desenvolvemento deste tipo de tecnoloxía (IA) non é neutro desde o punto de vista de xénero. E, como o xénero está presente no marco cultural da sociedade, tanto estereotipos como roles de xénero permean no deseño e implementación da tecnoloxía. 

De aí a preocupación xeral (organismos internacionais, persoal investigador…) de facer fincapé nos riscos que supón a IA para evitar aumentar e/ou perpetuar as desigualdades xa existentes entre mulleres e homes.

Distintos equipos de investigación sobre a materia reflexionaron sobre elementos básicos relacionados coa Intelixencia Artificial vs a Igualdade de xénero: 
    Os nesgos nos datos.
    Os nesgos nos algoritmos.
    O impacto diferenciado da tecnoloxía da IA na vida cotiá de mulleres e homes. 

E destacan: 
    A importancia e necesidade de incluír a perspectiva de xénero na IA. En todo o ciclo. Dende a idea e o deseño, pasando pola programación e a implantación. Sempre contextualizado. 
    A necesidade de que os programas e sistemas de IA sexan transparentes, comprensibles, e capaces de render contas ás persoas e á sociedade.
    Ter en conta os límites do secreto industrial.

Conclusións

A IA ten o potencial de beneficiar significativamente a igualdade de xénero no lugar de traballo. 

Pode axudar a crear lugares de traballo máis inclusivos se se enfocan a: 
    Mellorar a inclusión
    Ampliar a diversidade 
    Abordar o acoso 
    Reducir os prexuízos (tanto na contratación como na promoción) 
    Avanzar na conciliación corresponsable, para conseguir o equilibrio entre a vida laboral e persoal e reducir as diferenzas salariais entre homes e mulleres. 

Pero… debe deseñarse e aplicarse con reflexión, análise e coidado para evitar os riscos destacados anteriormente. Para, como xa se sinalou, que as organizacións poidan asegurarse de que a IA non sirva para perpetuar os prexuízos existentes nin para crear outros novos.

Le o artigo completo. Descárgao aquí!

Dubidas? Contacta co persoal do noso Gabinete Técnico de Igualdade.

[email protected]
981 555 888

 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.