CEG

 

A CEG e a Deputación da Coruña coinciden na necesidade de promover a reindustrialización de Galicia de forma inmediata

Reunión do presidente da CEG co presidente da Deputación da Coruña
Reunión do presidente da CEG co presidente da Deputación da Coruña. Foto cedida pola administración provincial

“É necesaria unha aposta urxente pola reindustrialización de Galicia, modernizando a industria existente e apostando pola promoción de novas explotacións a través de proxectos estratéxicos e tractores, que permitan abordar todo o ciclo produtivo, e en todo caso sen renunciar a liderar aquelas fases de maior valor engadido. Refírome a novas industrias sostibles, competitivas, xeradoras de emprego de calidade, que reforcen a capacidade industrial da nosa comunidade  autonóma como factor fundamental de tracción da economía e xeración de riqueza”. Así llo trasladou esta mañá o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, ao presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, continuando coa súa rolda de visitas institucionais desde que chegase ao cargo o pasado día 21 de xaneiro e acompañado, nesta ocasión, por Antonio Fontenla, presidente da Confederación de Empresarios da Coruña (CEC).

E é que segundo o presidente da patronal galega “debemos contar cunha planificación estratéxica que aborde o desenvolvemento industrial e os retos da  descarbonización, dixitalización, envellecemento activo, incremento da produtividade, reindustrialización e  coyunturalmente afrontar a pandemia e os seus efectos”. 

Sectores estratéxicos

Ademais de poñer o foco nesta necesidade imperiosa -coa que coincide totalmente González Formoso-, Juan Manuel Vieites quixo aproveitar o encontro para trasladarlle a súa preocupación pola evolución de distintos sectores estratéxicos para a economía galega e pedirlle o seu apoio. 
Neste sentido, referiuse á importancia do sector naval, como área estratéxica para Galicia, cuxo futuro pasa pola innovación (estaleiro 4.0) e a diversificación industrial, xogando un papel esencial nese futuro a industria auxiliar, tanto no ámbito de  os novos intereses, centrados entre outros, na eólica mariña, como na construción naval propiamente dita. 

Polo que respecta á minería, o potencial galego neste ámbito debe ser posto en valor e promover o aproveitamento dos recursos con criterios de sustentabilidade e conservación do medio.  E é que segundo o presidente da organización empresarial galega a preservación do medio e as debidas garantías que a normativa aplicable establece non deben ser un escollo  insalvable para a dinamización e aproveitamento de novas explotacións, senón como condicións a ter en conta no deseño e desenvolvemento de proxectos.

Noutra orde de cousas, o sector agrogandeiro e forestal necesita un plan de desenvolvemento que contribúa a un maior e mellor aproveitamento da súa capacidade produtiva e de xeración de valor. Para iso, a CEG propón o investimento nun plan de desenvolvemento para o campo que poña en valor o potencial de Galicia, promovendo a profesionalización e  dimensionamiento das explotacións e que aposte por producións sostibles e de calidade e polo establecemento de industrias transformadoras, vinculadas a un modelo de innovación constante que achegue cada vez maior valor engadido aos produtos e materias primas de Galicia. Isto redundaría na revitalización do rural, a atracción de poboación, a xeración de riqueza e a diminución de incendios forestais. 

Pola súa banda o sector pesqueiro necesita dunha protección especial, @teniendo en cuenta a redución da frota durante os últimos anos ou o impacto do Brexit, entre outros factores. A defensa dos intereses da frota #ante a Unión Europea debe contar co apoio decidido das diferentes administracións. Ademais é preciso que se intensifiquen os traballos para o seguimento e desenvolvemento do Acordo do Brexit. 

Tamén o comercio necesita apoio para a súa modernización e especialización. Segundo Juan Manuel Vieites “o sector debe asumir o reto da súa dixitalización e saída ao mercado global, a través do comercio electrónico, poñendo en valor a competitividade e calidade dos nosos produtos”.

O presidente da CEG tamén puxo sobre a mesa a necesidade de apoio ao sector da hostalería, restauración e aloxamento, e outros servizos relacionados co turismo, que se viron abocados ao peche e á paralización por culpa da pandemia e que demandan axuda para evitar o peche definitivo dos seus establecementos. Así, esas axudas deben ser de carácter estable e que duren o tempo que se prolongue a crise. 

Neste punto, e especialmente, Galicia ten que poñer en valor os seus recursos naturais e culturais, especialmente para este ano Santo, que se prolongará ata o 2022, apostando pola potenciación das zonas polas que discorren os diferentes camiños de Santiago.

Fondos Europeos

A Unión Europea aprobou nun prazo de apenas catro meses a posta ao dispor dos Estados membros o maior volume de recursos da súa historia; ao redor de 2 billóns de euros entre o Marco Financeiro Plurianual para 2021-2027 e o Plan Europeo de Recuperación. 

Así é que a comunidade autónoma galega debe defender que se teñan en conta as súas particularidades e necesidades específicas, aplicando para iso o principio de cooperación. Para a CEG, os interlocutores económicos e sociais deben ser chamados a participar durante todo o proceso que acompaña a cada fondo, desde a súa planificación inicial ata o seguimento da súa execución, Así é que a patronal galega está a disposición para participar e achegar as necesidades que as empresas transmitan en relación cos fondos dos que a comunidade sexa destinataria.

O presidente da Deputación da Coruña recolleu a luva e incidiu en que efectivamente “é necesario aproveitar o gran potencial de Galicia en sectores estratéxicos como o forestal, pesqueiro ou a construción naval”, así como “a oportunidade histórica que supoñerán os fondos europeos de recuperación para o futuro da comunidade galega”.

Competitividade e investimento

Noutra orde de cousas, a patronal galega aposta por un modelo que reduza e simplifique a fiscalidade, tanto en número de tributos como en presión, e tanto a cidadáns como a empresas. Isto redundará nunha maior marxe para o investimento e o consumo que a medio prazo xerará maior riqueza e por tanto un incremento de recadación. Tamén nesta liña, deberíase apostar pola eliminación daquelas medidas fiscais que disuadan a particulares e empresas de realizar investimentos produtivos.

Se á aplicación de medidas fiscais engádese a actuación a favor da axilización efectiva da administración, obxectivo que debe estar por encima de calquera outro -segundo o presidente da patronal galega-, conseguirase o dobre reto de que as empresas galegas sexan competitivas, así como a atracción de investimentos para Galicia.

Por último, Juan Manuel Vieites incidiu na necesidade de que para conseguir os obxectivos propostos todas as administracións deben traballar de forma coordinada e cohesionada.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.