O xerente do COBGA, Pablo Fernandes, incidiu en que "o marisqueo nas rías galegas enfronta desafíos significativos derivados do cambio climático, así como ao reto de mantemento das boas prácticas de xestión dos recursos e do estado do medio. É necesario ter presente que a produción dos bivalvos non só baséase no crecemento de poboacións salvaxes, senón que tradicionalmente foi sostida con tarefas non extractivas, como traslados, rareos, limpezas e con medidas de xestión adaptadas á peculiaridade das existencias".
A presidenta da Comisión, Isabel Cañas, sinala que deberán "traballar todos xuntos en coñecer mellor as causas de diferente natureza que están a xerar esta situación dunha produción por baixo da capacidade das rías".