Xornada “CompetencIA Activa Emprego” – 30/10/2026
A Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (Fungatra) organiza o próximo 30 de outubro, na sede da Confederación de Empresarios de Galicia, o obradoiro: IA para o emprego e a produtividade, no marco das xornadas CompetencIA Activa Emprego, un espazo pensado para achegar a Intelixencia artificial ao ámbito profesional de forma práctica e accesible.
Ao longo da xornada exploraranse diferentes aplicacións da IA vinculadas á empregabilidade e ao día a día profesional. Unha oportunidade para coñecer novas ferramentas, descubrir o seu potencial e desenvolver competencias dixitais cada vez máis demandadas no mercado laboral.
Consulta toda a información e o contido da xornada, e formaliza a túa inscrición.
Participación gratuíta, previa inscrición.
Modalidade: Presencial
Data: Venres, 30 de outubro de 2026
Hora: 10.00 a 12.00 horas
Lugar: Sede da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Dirección: Rúa do Vilar, 54 – Santiago de Compostela
Organiza: Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FUNGATRA)
Colabora: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Información e contido: CompetencIA Activa Emprego | FUNGATRA
Inscricións: Inscripcións CompetencIA | FUNGATRA
Destinatarios: Persoas traballadoras en activo e desempregadas
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
- Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo (FUNGATRA)
- Confederación de Empresarios de Galicia
Foro «Regreso ao futuro da prevención dos riscos laborais» – 26/10/2026
Ler máis
I Foro Atlántico Transfronterizo – 14/10/2026
Ler máis