gl
  • es
  • gl
Home > Agenda > Xornada sobre “A Directiva (UE) 2023/970, sobre transparencia e igualdade retributiva” – 30/10/2026
ImaxeDirectTransp30out2026

Xornada sobre “A Directiva (UE) 2023/970, sobre transparencia e igualdade retributiva” – 30/10/2026

A Directiva (UE) 2023/970, sobre transparencia e igualdade retributiva, establece novas obrigacións para as empresas que implicarán axustes nos procesos de selección, sistemas de información, clasificación e xestión da transparencia retributiva das empresas. O obxectivo da xornada é a actualización do coñecemento dos/as asistentes nesta materia.

Temas que se abordarán ao longo da xornada:

– Identificación das boas prácticas e riscos nesta materia.

– Análise do contexto global e tendencias en transparencia retributiva.

– Descrición do marco legal en transparencia retributiva.

– Novidades da Directiva 2023/970.

– A transposición da Directiva. Análise do Proxecto do Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 902/2020, de 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Datos da xornada:

  • Data: Venres, 30 de outubro de 2026
  • Horario: 9:45 – 12:45
  • Modalidade: Presencial
  • Lugar: Sede da CEG. Rúa do Vilar 54, Santiago de Compostela
Inscribirse
Data
Venres, 30 de outubro de 2026
Hora
9:45 a 12:45 horas
3 horas
Lugar
Sede da CEG
Rúa do Vilar 54, Santiago de Compostela
Organiza
  • Confederación de Empresarios de Galicia
Co financiamento de

Formulario de inscrición

    Como se decatou da existencia desta actividade?
    Ver condicións para o tratamento dos seus datos
    Autorizo asemade a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.
    Tamén lle pode interesar