O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, que visitou a asociación dezana e as empresas Inasus e Tecglass, considera que o elevado custo da peaxe “reduce a competitividade da comarca de Deza”. Advirte tamén de que a carencia de solo empresarial multiplica “o risco de perder oportunidades estratéxicas en sectores clave para o desenvolvemento económico de Galicia”.