A CEG comprometeuse a traballar coas súas asociacións provinciais e sectoriais para sensibilizar ás empresas sobre a importancia de cumprir coa normativa de prevención de incendios.
Din dos Certificados de Aforro Enerxético (CAE) "son unha ferramenta imprescindible para a descarbonización e o aumento da competitividade das pequenas e medianas empresas".
A Comisión Mar Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reuniuse co conselleiro do Mar, Alfonso Villares, para tratar as cuestións que máis preocupan ao sector de cara ao ano que comeza.
As comisións de traballo da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reuníronse coa conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e entre outros asuntos repasaron, principalmente, o acordo de transferencia da xestión do litoral a Galicia, o seu estado de situación e os próximos pasos, ademais de recapitular as propostas do empresariado galego para a Lei de Administración Ambiental Simplificada.
A Confederación de Empresarios de Galicia inicia o 2025 organizando, no marco da Enterprise Europe Network, rede europea á que pertence como socia do consorcio Galactea Plus, un ciclo de cinco xornadas centradas na sostibilidade a desenvolver no primeiro semestre do ano. O obxectivo deste ciclo é informar, capacitar e fomentar prácticas sostibles que non só garantan o cumprimento normativo, senón que tamén reforcen a competitividade do tecido empresarial de Galicia.
Neste marco colaborativo encádrase o primeiro evento dos programados neste convenio, que terá lugar o 19 de decembro. "Como liderar o cambio nas organizacións", é o título da xornada de formación empresarial que se celebrará na sede da UIE, en Santiago de Compostela.