es
  • es
  • gl
Home > La CEG y la Comisión Galega da Competencia abordan, en una jornada, la prohibición de contratar por infracciones y los programas de cumplimiento

La CEG y la Comisión Galega da Competencia abordan, en una jornada, la prohibición de contratar por infracciones y los programas de cumplimiento

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organizou, en colaboración coa Comisión Galega da Competencia (CGC), la “I Xornada Técnica CGC-CEG sobre Competencia e Contratación Pública: A prohibición de contratar por infraccións de competencia e os programas de cumprimento”.

No evento participaron Ignacio López-Chaves, presidente de la CGC; Diego Castro-Villacañas, vogal asesor da Subdirección de Vixilancia da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC); José Luis Martínez-Olivares, titular da firma MO Avogados e profesor do departamento de Dereito Mercantil na Facultade de Dereito da USC; Daniel Neira, vocal-secretario do Pleno de la CGC.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, incidiu en que unha contratación pública aberta, transparente e competitiva é beneficiosa para todos: “para as administracións, porque permite obter mellores condicións e un uso máis eficiente dos recursos públicos. Para as empresas, porque garante oportunidades reais de concorrencia. E para a sociedade, porque contribúe a mellorar a calidade dos servizos e as infraestruturas que recibe”.

A xornada abordou a prohibición de contratar co sector público como consecuencia de infraccións en materia de competencia e as posibilidades de rehabilitación, mediante a adopción de medidas correctoras e programas de cumprimento.

A CEG defende sen ambigüidades o respecto ás normas de competencia. “Os acordos colusorios, especialmente nas licitacións públicas, prexudican ao conxunto do mercado, distorsionan a concorrencia e lesionan a confianza que debe presidir a contratación coas administracións. Non pode haber unha competencia efectiva se non existen regras comúns e se quen participa no mercado non as respectan”.

A seguridade xurídica é outra reivindicación que a CEG trasladou de xeito constante. “Necesitamos un marco normativo estable, unha regulación proporcionada e unha administración que facilite a actividade económica, sen renunciar, aos controis e esixencias que lexitimamente corresponden ao interese xeral. O cumprimento normativo non debe entenderse unicamente como unha obrigación formal ou como unha resposta ante unha eventual infracción. Debe formar parte da cultura de xestión das organizacións empresariais”, apunta Vieites.

Así mesmo, sinala que “previr é sempre mellor que corrixir. E dispoñer de procedementos internos axeitados, controis efectivos, formación, canles de información e mecanismos de supervisión permite reducir riscos, mellorar a gobernanza e fortalecer a confianza de clientes, provedores, traballadores e administracións públicas”.

Lembra que o ordenamento xurídico europeo contempla a posibilidade de que unha empresa que incorrese nunha infracción adopte medidas correctoras eficaces e demostre que recuperou as condicións de fiabilidade necesarias para volver contratar co sector público.

Por iso, sostén que “a finalidade das sancións debe ser evitar as condutas contrarias á competencia, protexer o interese xeral e previr que volvan producirse. Pero tamén debemos recoñecer o valor da corrección efectiva, da reparación do dano cando cumpra e da implantación de medidas que acrediten un cambio real na organización e nos seus procedementos. Neste sentido, os programas de cumprimento poden converterse nunha ferramenta de responsabilidade empresarial e tamén de recuperación da confianza”.

Tamén chamou a non perder de vista a realidade do tecido empresarial galego, composto maioritariamente por pequenas e medianas empresas e empresas familiares. “Reclamamos que os contratos públicos teñan en conta os prezos de mercado e a fluctuación das súas condicións, porque non podemos esixir ás empresas que presten servizos ou executen proxectos en condicións económicas que non se corresponden coa realidade. A contratación pública debe garantir a concorrencia, pero tamén debe ser economicamente sostible para quen concorre e para quen finalmente executan os contratos”.

Vieites reitera o compromiso da CEG coa defensa de la libre competencia, a seguridade xurídica e unha contratación pública transparente. “Queremos empresas responsables, que cumpran as regras e compitan con honestidade. Pero tamén queremos un marco normativo que ofreza certeza, recoñeza os esforzos de corrección e prevención e permita que as empresas que emendasen os seus incumprimentos poidan recuperar a súa actividade nos termos que establece a lei. Porque unha economía competitiva necesita normas esixentes, pero tamén proporcionadas; institucións independentes, pero abertas ao diálogo; e empresas comprometidas co cumprimento, a innovación e a creación de riqueza e emprego”.