CEG

 

Refraneiro galego V: Estar na horta e non ver as verzas

Refraneiro galego V: Estar na horta e non ver as verzas

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.
Capítulo I: Nunca choveu que non escampara.
Capítulo II: Outra vaca no millo.
Capítulo III. Nin arre nin xo.
Capítulo IV. Malo será. 
Capítulo V. Estar na horta e non ver as verzas.

O clima, xunto cos cultivos típicos da terra galega enchen os dicionarios e as enciclopedias.
E, na cultura popular galega, ten un lugar ben destacado a verza, típica do caldo galego máis antigo: 

•    Vello coma o caldo de verzas  persoa/ cousa con moitos anos, ou moi antiga.
•    Ser como o unto ás verzas (algo ou alguén) dise dunha cousa ou dunha persoa que veñen moi ben (moi apropiado) para conseguir un obxectivo.
•    Estar nas verzas   persoa que está distraída, que non se decata de nada. Esta última expresión é a forma abreviada de dicir “estar na horta en non ver as verzas” que ven significar que unha persoa non se decata de nada (non só de forma visual), normalmente porque non presta atención.

Así que, se escoitas a alguén dicir algunha destas “perlas”:

    Eu non son nin machista nin feminista.
    Os homes modernos fan os labores da casa.
    Os homes son mellores en ciencias, e tamén conducindo.

Pois xa sabes o que tes que respostar:  

“Estás na horta e non ves as verzas” (tamén vale: “estás nas verzas”)

Capisci??

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co noso Gabinete de  Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
[email protected]
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.