CEG

 

Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017

Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017

O Consello Económico e Social de Galicia, creado pola Lei 6/1995, de 28 de xuño, ten asignada, entre outras, a función de elaborar e remitir anualmente ao Consello da Xunta, a través da Consellería de Facenda, unha Memoria sobre a situación económica e social de Galicia, incluíndo, se é o caso, recomendacións ou orientacións sobre a política presupostaria da Comunidade Autónoma.

O Regulamento de Réxime Interno do Consello, aprobado polo Pleno o día 29 de abril de 1996, co obxecto de dar cumprimento ás devanditas previsións legais, concede a condición de comisión sectorial permanente á Comisión sectorial nº 4, da Memoria anual sobre a situación socioeconómica de Galicia. A proposta de Memoria elaborada pola dita comisión sectorial foi tramitada pola Comisión Permanente deste organismo na súa sesión 4/18, do 26 de xullo. De acordo coa normativa antedita, o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou por unanimidade, na súa sesión 1/18, do 30 de xullo, a presente Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2017.

Autor
Consello Económico e Social de Galicia (CES)
Editor
Consello Económico e Social de Galicia (CES)
Data
2017
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.