A recente aprobación do Programa de Cooperación Transfronteiriza Interreg España-Portugal para o período 2021 – 2027 motiva a análise que, nesta edición do Boletín EURES-T, faise da evolución dos fondos de Cooperación transfronteiriza na Unión Europea, particularmente do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Recóllense tamén algúns dos resultados que durante o ano 2021 lanzaron os principais indicadores de mobilidade transfronteiriza que se recollen no “Informe de indicadores de mobilidade transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal” xa publicado e accesible a través da sección dedicada a publicacións dentro desta mesma web e a través do portal https://mobilidadetransfronteiriza.ceg.es/
Por último, anúnciase tamén a creación do Instrumento de Emerxencia de Mercado Único (IEMU) que pretende liquidar as deficiencias detectadas nas situacións de crises que veñen atravesando nos últimos anos e para cuxa posta en marcha faise fundamental recoller as opinións de todos os actores implicados. Nesta edición maniféstase a intención da Comisión Europea de recoller estas achegas a fin de facilitar a elaboración das políticas que conformarán o IEMU.