A Confederación de Empresarios de Galicia acolleu esta mañá a reunión de coordinadores e representantes das distintas Mesas de Diálogo Social levada a cabo para informar sobre os encontros celebrados ata o momento e os contidos abordados nas correspondentes Comisións de Traballo.
Ademais, puxéronse en común as distintas propostas circuladas ás Mesas pola representación da CEG, e tratouse a metodoloxía de coordinación cando se producen solapamentos entre os contidos das mesmas.