CEG

 

CENTRO DE SEGUIMENTO DAS LICITACIÓNES INTERNACIONAIS 2022-2023

Partes asinantes:

Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Obxecto:

Establécense as bases de colaboración entre a CEG e o IGAPE para pór a disposición do tecido produtivo galego unha ferramenta de información sobre a apertura de concursos internacionais, facilitando o acceso ás empresas a contratos internacionais derivados de procesos de licitación públicos e privados.

A actuación baséase na creación dun espazo destinado a favorecer ou acceder á información sobre concursos internacionais que o empresariado galego demanda e apoialos na presentación de ofertas competitivas no acceso a proxectos internacionais, complementándoos cos servizos de asesoramento, dos que xa dispoñen a CEG e o IGAPE.

O obxectivo é aumentar a probabilidade de éxito naquelas licitacións ás que se presentan empresas galegas nos mercados internacionais.

Prazo de duración:

26.04.2022 – 15.11.2023

Obrigados á realización das prestacións:

• CEG: realización das accións.

• IGAPE: pago da axuda.

Obrigación económica convida:

93.812,85€ para a anualidade 2022

113.706,45€ para a anualidade 2023

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.