CEG

 

Negociación colectiva

A Confederación de Empresarios de Galicia, a través do seu departamento de asesoría xurídica, presta apoio ás necesidades de asesoramento sobre negociación colectiva das organizacións que forman parte da mesma.

Tamén representa os intereses empresariais nos órganos consultivos e de participación institucional con competencias en dito ámbito, especialmente no Consello Galego de Relacións Laborais e, dentro deste, no Observatorio Galego de Negociación Colectiva e na Comisión Consultiva Autonómica para a igualdade entre mulleres e homes na negociación colectiva.

Por outra banda a CEG é parte asinante, como organización empresarial intersectorial máis representativa de Galicia, do Acordo Interprofesional Galego sobre Procedementos Extraxudiciais de Solución de Conflitos de Traballo, que extende o seu ámbito de actuación aos conflitos de aplicación ou interpretación dun convenio colectivo, así coma aos bloqueos ou discrepancias xurdidas na negociación de convenios colectivos.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.