CEG

 

Asesoramento xurídico

O servizo de consultas e asesoramento que ofrece o departamento de Asesoría Xurídica da Confederación de Empresarios de Galicia engloba a xestión de toda demanda de informacion, asesoramento e dictame de carácter xurídico-legal, tanto de carácter interno como externo, e especialmente:

  • Elaboración de informes sobre novidades xurídicas legais publicadas;
  • Emisión de informes sobre cuestións de tipo xurídico a petición dos órganos directivos da CEG;
  • Elaboración e emisión de informes sobre cuestións técnico xurídicas a petición das organizacións integrantes da entidade;
  • Elaboración de informes sobre proxectos normativos que ao efecto remiten os órganos de participación institucional nos que ten participación a CEG;
  • Redacción de contratos, convenios e outros actos xurídicos de interese para a Confederación de Empresarios de Galicia;
  • Confección e elaboración de documentos de traballo referidos a cuestións xurídico legais;
  • Resolución de consultas de carácter legal que lle sexan formuladas por organizacións integradas. Igualmente atenderánse consultas de organizacións non integradas previo visto bo da Secretaría Xeral;
  • Elaboración de informes e dictames que no proceso de elaboración de disposicións normativas remitan as distintas administracións públicas de Galicia, así como os distintos entes de carácter institucional ou instrumental;
  • Emisión de informes, alegacións ou opinións legais sobre os proxectos normativos que se sometan á súa consideración;
  • Realización do compendio de disposicións normativas de interese para o ámbito empresarial.
ACTUACIÓN VARIADA E MULTIDIRECCIONAL

A actividade da Asesoría Xurídica da CEG, polo carácter da organización, engloba unha actuación variada e multidireccional que abarca desde as consultas sinxelas relacionadas co asesoramento legal dos asociados ata a confección e elaboración de documentos e propostas  de traballo relacionadas co ámbito empresarial.

A solicitude de información ou asesoramento pode chegar ao departamento de Asesoría Xurídica polas vías habituais;  a través dos órganos de dirección da CEG;  dos distintos órganos que integran a Confederación; ou daqueles entes e organismos públicos dos que a entidade forma parte como organización empresarial intersectorial máis representativa.

Se queres formular a túa consulta por escrito, cubre o seguinte formulario e recibirás a resposta no teu email á maior brevidade posible.

Formulario
Condicións para o tratamento dos seus datos.
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), coa finalidade de atender a súa solicitude, procederá ao tratamento de datos de carácter personal segundo o Reglamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016. 

Responsable: Confederación de Empresarios de Galicia (CEG)
Finalidade: Xestionar os servizos ofrecidos pola CEG e as actividades organizadas nas que vostede participe: Neste caso, atender a súa solicitude de información ou prestar o servizo que nos solicite.
Asemade, se vostede nos autoriza expresamente na casilla superior, manterémolo/a informado/a sobre publicacións, actividades e servizos que poidan resultar do seu intere. Vostede poderá solicitar en calquer momento a través do enderezo de correo electrónico polo que recibe a información, que cancelemos o envío.
Lexitimación: Solicitude/consentemento do/da interesado/a.
Datos obxecto do tratamento: Para a finalidade descrita anteriormente, serán obxecto de tratamento os datos recabados a través deste formulario, así como calquera outros datos que se precisen e que vostede nos traslade.
Destinatarios: Non se realizará cesión dos seus datos a terceiros.
Dereitos: Acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na Política de Cookies e Privacidade da CEG.
Información adicional:
Pode consultar información adicional respecto do tratamento de sus datos na Política de Cookies e Privacidade da CEG recollida na páxina web da Confederación de Empresarios de Galicia
Ademáis pode solicitar a información adicional que precise a través do enderezo electrónico: [email protected]
Autorizo asemade a recibir información sobre publicacións, actividades e servizos de interese.
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.