CEG

 

Refraneiro galego VIII: Ser un toxo

Refraneiro galego VIII: Ser un toxo

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo.
Cap. III. Nin arre nin xo.
Cap. IV. Malo será.     Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!
Cap. VIII. Ser un toxo.

Outra vez coa natureza moi nosa, que nos permite ter expresións únicas: o toxo.
Esa planta silvestre chea de espiñas e con flores amarelas.
Imaxinas como sería darlle unha aperta? 

Aquí no caben interpretacións. Non te están definindo como unha delicada, fermosa e fina rosa (aínda que teñas espiñas). Chámaselles toxo ás persoas ariscas, rudas, bastas ou desagradables (no trato, carácter ou actitude).

Pero, ollo!

Que o galego non é só unha lingua, é toda unha “relixión” cultural . Ás veces pode ser unha expresión que leva a engano a persoas que non dominen o noso idioma.

a.    Cando unha persoa galega se define a si mesma como “toxo”: Como non lle gustan os mimos non solicitados ou as confianzas non dadas e,  ademais, é sabido que, a miúdo, galegos e galegas contestan sen darlle voltas ás cousas, sen eufemismos... pois úsase esta expresión como “coartada” por se fixese falla.

b.    Variante en diminutivo: “Ser un toxiño”. Chea de retranca, a expresión úsase tamén con aquela persoa, que aínda que sexa de trato arisco, á vez, dan ganas de facerlle agarimos (“achuchable” en castelán).

As persoas que se expresen en galego asentirán coa cabeza. O resto...pois seguirán enchendo a nosa lenda de que somos persoas únicas, con unha lingua agarimosa, retranqueira, fermosa!!

Pero aínda así e todo, tamén aquí debemos facer un esforzo por acadar a igualdade en todos os ámbitos. E, como sempre, gústanos destacar o  mundo do traballo.

Sexas empresario/a ou traballador/a, toxo ou toxiño, ponte a carón da igualdade.

En calquera dos dous lados, sairás gañando.

Sabíalo, non?

Se precisas apoio ou apoio técnico, contacta co noso Gabinete técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
igualdade@ceg.es
981 555 888
 

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.