CEG

 

Refraneiro galego IX: Chegar e encher

Refraneiro galego IX: Chegar e encher

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo.
Cap. III. Nin arre nin xo.
Cap. IV. Malo será.     
Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!
Cap. VIII. Ser un toxo.
Cap. IX. Chegar e encher.

Utilízase cando se logra algo á primeira, no primeiro intento. Cando se consegue algunha cousa sen necesidade de espera, nin esforzo (aparcar, sacar unha entrada, chegar a casa e atopar a comida na mesa, etc.).

Sería máis ou menos como dicir en castelán “llegar y besar el santo”,(por outra parte, frase moi axeitada para referirse ás visitas dos peregrinos cando visitan Santiago de Compostela). 

Resumindo: O que todo o mundo desexa.

Que vos parece se as raparigas que hoxe están nas escolas cando opten ao seu primeiro posto de traballo o fan en igualdade de oportunidades que os seus colegas varóns?

Non sería  marabilloso?

Para iso estamos traballando agora, cada quen dende a súa organización.
Para que as nosas fillas, netas, sobriñas e curmás poidan dicir:  foi chegar e encher.

Axúdasnos? 

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:
igualdade@ceg.es
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.