Nesta edición dáse protagonismo á celebración á celebración o pasado mes de xuño das eleccións ao Parlamento Europeo facendo un repaso á evolución do hemiciclo dende a celebración das primeiras eleccións celebradas por sufraxio directo no ano 1979.
Destaca tamén o pulo e o interese que o goberno portugués amosou en executar as conexións ferroviarias e por estrada entre España y Portugal, analizando especialmente as conexións entre Galicia e a Rexión Norte.
Pola súa relevancia e relación coa mobilidade laboral de cidadáns nacionais de terceiros países no Mercado Único europeo, este número recolle tamén a análise e a noticia da entrada en vigor da Directiva de Permiso Único (Directiva UE 2024/1233).
Por último destaca a recente publicación da “Guía do traballador transfronteirizo por contra propia” elaborado pola Comunidade Intermunicipal do Alto Minho que se une ás ferramentas que permiten ao EURES Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia e aos seus usuarios coñecer aspectos fundamentais á hora de exercer a súa actividade por conta propia nesta Eurorrexión.