CEG

 

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 3

Boletín Eures-T

A Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia ten dado un importante paso a fronte coa constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT). Precisamente, o último pleno da Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, na que se dou carta de nacemento a dita agrupación, apuntaba entre as súas conclusións á necesidade de garantir a protección dos traballadores e o fomento da súa mobilidade. Para cumprir con estes obxectivos, engadía, resultaba imprescindible intensificar e coordinar a comunicación no ámbito laboral entre as autoridades e os axentes implicados de Galicia o do Norte de Portugal. Esta é unha tarefa que asume o Eures Transfronteirizo Norte Portugal-Galicia.

Outra das iniciativas postas en marcha a nivel comunitario afecta a un ámbito con ampla presencia na eurorrexión: a dos traballadores desprazados. A Comisión Europea publicou unha recomendación propugnando unha maior cooperación entre as administracións nos casos nos que o desprazamento dos traballadores se realice no marco dunha prestación de servizos.

Tamén se aproxima a entrada en vigor da Directiva de Servizos, que facilitará o establecemento permanente das empresas e a libre prestación de servizos ao longo de toda a UE.

Estas son só algunhas das actuacións comunitarias que afectan ao ámbito laboral na Eurorrexión Norte de Portugal-Galicia. No interior deste boletín, proporcionase cumprida información tanto sobre estes temas como sobre outros aspectos de interese no mercado de traballo da eurorrexión.

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Comisión Europea
Dirección Xeral de Emprego
Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
Data
2008
Formato
Electrónico
Número de páxinas
12
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.