CEG

 

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 25

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 25

Nesta ocasión a publicación recolle información de gran transcendencia para os operadores que actúan no sector do transporte por estrada na Eurorrexión analizando as disposicións que constitúen o paquete de mobilidade aprobado este ano e que aclara, entre outros aspectos e en relación coa mobilidade laboral, as circunstancias nas que aos condutores aplícanselles ou non as normas sobre desprazamento recollidas na Directiva 96/71/CE.

Doutra banda e seguindo coa análise que a través desta publicación vén facendo do paquete de medidas que conforman a resposta da Comisión Europea ás situacións derivadas do coronavirus, recóllese neste novo número a noticia da emisión, por primeira vez na historia, de bonos sociais por parte da Comisión Europea a través do instrumento SURE (Support Mitigating Unemployment Risks in Emergency) mediante o cal se pretende facilitar axuda financeira aos Estados membros para facer fronte aos gastos derivados da aplicación de medidas e programas de protección do emprego.

Destácase tamén nesta ocasión a fortaleza das relacións entre España e Portugal e a boa sintonía que se dá entre ambos os gobernos que unha vez máis se atoparon para celebrar a XXXI Cume Hispano-Portugués na que se aprobou unha Estratexia Común de Desenvolvemento Transfronteirizo (ECDT) que determina obxectivos comúns e accións a desenvolver perseguindo o beneficio común de ambos os estados.

A creación dun Observatorio da I+D+i na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal é tamén una das noticias destacadas neste número no que se analizan as funcións que este novo instrumento transfronteirizo desenvolverá co propósito de xerar maiores capacidades e mellorar ademais a eficacia na utilización dos fondos europeos.

Por último e como vén sendo habitual recóllense na sección dedicada a emprego as ofertas de emprego xestionadas polo Servizo Público de Emprego de Galicia e polos Centros de Emprego da Rexión Norte de Portugal como indicadores das tendencias de ocupacións e sectores de actividade con maior dinamismo na Eurorrexión.

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Comisión Europea
Xunta de Galicia
Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
Data
2020
Formato
Electrónico
Número de páxinas
16
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.