CEG

 

Refraneiro galego X: Marcho que teño que marchar

Refraneiro galego X: Marcho que teño que marchar

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Cap. I Nunca choveu que non escampara.
Cap. II Outra vaca no millo.
Cap. III Nin arre nin xo.
Cap. IV Malo será. 
Cap. V Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII Tarde piaches!
Cap. VIII Ser un toxo.
Cap. IX Chegar e encher.
Cap. X Marcho que teño que marchar.

Frase claramente redundante, pero que non se pode traducir de forma literal ao español.

Cando se usa esta expresión galega, estase aclarando que non marchamos por gusto o porque nos expulsen, facémolo porque non nos queda outro remedio, porque nos resulta obrigatoria por outros motivos.

Esa máxica retranca galega, que mesmo alguén recalcitrante usou de epitafio na súa necrolóxica ou na súa sepultura.

E volvemos ao ámbito laboral. 

Ninguén marcha de boa gana  dun traballo que lle gusta, onde se trata ben á xente, onde o persoal se sinte valorado polo seu talento, polo resultado do seu esforzo, onde non se fai distinción por sexo, raza, etnia ou calquera outro motivo.

Tédelo claro?

Se queredes atraer e conservar ao talento, coidade de que as vosas organizacións sexan xusta e igualitarias, para que ninguén do voso cadro de persoal se vexa obrigado a utilizar esta forma de despedida inapelable: 
“Marcho que teño que marchar”.

Se precisas apoio ou apoio técnico, podes contactar co no noso Gabinete técnico de Igualdade da Confederación de Empresarios de Galicia:

igualdade@ceg.es
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.