CEG

 

Boletín Eures-T Norte Portugal-Galicia Nº 4

Boletín Eures

No interior do boletín, ademais de darse conta das frutíferas relacións entre España e Portugal, en xeral, e entre Galicia e o norte de Portugal, xustificado en diversas actuacións; tamén quedan patentes os avances rexistrados no campo da lexislación, da investigación, etc.. que teñen contribuído igualmente á fornecer estas relacións.

Así mesmo, tamén se pon de manifesto a intensa actividade da UE na programación de medidas de reactivación da economía e do emprego, como as recomendacións do Consello da Unión Europea, no perfeccionamento e mellora do funcionamento do mercado interior europeo, removendo, por unha banda, obstáculos nacionais á libre prestación de servizos a través de diferentes medidas sendo unha delas o lanzamento dun novo portal para impulsar os negocios transfronteirizos, e por outra, pondo en marcha medidas e instrumentos que faciliten a libre circulación de traballadores a través de medidas como a creación do comité de expertos sobre o desprazamento de traballadores.

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiamento
Comisión Europea
Dirección Xeral de Emprego
Asuntos Sociais e Igualdade de Oportunidades
Data
2009
Formato
Electrónico
Número de páxinas
12
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.