A Comisión Europea pon en marcha un panel de empresas sobre un “Sistema alimentario sostible: creación dun marco da UE”, co interese de coñecer a opinión das pequenas e medianas empresas sobre esta iniciativa política.
A Confederación de Empresarios de Galicia, como membro da Enterprise Europe Network - EEN, colabora na recompilación das opinións das empresas, que non se centra en sectores específicos, senón que se dirixe ás pemes que xa teñen ou pensan ter prácticas transfronteirizas, como, por exemplo, socios comerciais, un establecemento/lugar de traballo ou contactos con autoridades ou tribunais doutro Estado membro.
No contexto do Pacto Verde Europeo, a Comisión Europea adoptou a Estratexia «da Granxa á Mesa» (F2F), cuxo obxectivo é apoiar a transición cara a un sistema alimentario sostible, na que se anunciaba unha iniciativa dirixida a establecer un marco para uns sistemas alimentarios sostibles (FSFS) que a Comisión Europea presentará en 2023.
O FSFS será unha lei marco horizontal cuxo obxecto será facilitar a transición cara á sustentabilidade e garantir que os alimentos comercializados no mercado da Unión Europea (UE) sexan cada vez máis sostibles. Establecerá definicións, principios xerais e obxectivos e sentará as bases dos requisitos e responsabilidades que haberán de determinarse para todos os axentes participantes no sistema alimentario da UE. Así mesmo, incluirá disposicións sobre un marco para a etiquetaxe de sustentabilidade dos alimentos e sobre a contratación pública sostible de alimentos.
• Enlace cuestionario: https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/SMEpanel-AS
Ata o 27 de outubro de 2022