CEG

 

O Acelerador do EIC en 2022 - 28/06/2022

O Acelerador do EIC en 2022

O próximo día 28 de xuño terá lugar a Xornada en liña O Acelerador do EIC en 2022: novidades, fondo de investimento e servizos de coaching, organizada polo Consorcio EEN-GalacteaPlus do que é membro a Confederación de Empresarios de Galicia e en colaboración co CDTI.

 

Este programa, substituto en certa medida do SME Instrument que resultou de gran aceptación e con bos resultados nas empresas españolas, está dirixido a empresas que contan cun prototipo dun produto moi tecnolóxico, próximos ao mercado e que buscan financiamento para o seu escalado.

 

O Acelerador EIC forma parte dos distintos programas de financiamento do Consello Europeo de Innovación EIC e proporciona financiamento combinado tanto en forma de subvención de ata un máximo de 2,5 millóns de euros como de capital. Ademais, as empresas seleccionadas contan con asesoramento especializado para o desenvolvemento do seu proxecto e apoio para facilitar o contacto con investidores ou con outras empresas.

 

Información

Inscrición a través deste  formulario (Data límite para a inscrición: 27 de xuño de 2022)

O programa pódese consultar nesta ligazón

 

Data

Martes 28 de juño de 2022

Organiza
Confederación de Empresarios de Galicia
EEN-GalacteaPlus
Colabora
CDTI
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.