CEG

 

ABANCA e a CEG pactan un novo plan de crédito de 600 millóns para impulsar a transición enerxética das pemes galegas

ABANCA e a CEG pactan un novo plan de crédito de 600 millóns para impulsar a transición enerxética das pemes galegas
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres
Desayuno-Fórum con el Consejo Asesor y Organizaciones Integradas en la CEG con Raymond Torres

ABANCA e a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) selaron unha nova alianza financeira para apoiar ao tecido empresarial galego no proceso de transición cara a un modelo enerxético máis sustentable, que contribúa a minimizar o cambio climático. O acordo foi ratificado esta mañá en Santiago de Compostela entre o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, e o presidente da CEG, Juan Manuel Vieites.

En virtude do convenio subscrito, ABANCA renova a liña de crédito para as empresas asociadas á CEG por un volume máximo de 600 millóns de euros durante o próximos tres anos, importe que se poderá ampliar en función da demanda. O crédito destinarase ao financiamento de proxectos e investimentos empresariais orientados a incorporar enerxías baseadas en fontes renovables, así como sistemas e tecnoloxías máis eficientes e innovadores que posibiliten un menor consumo enerxético.

Logo da firma, o conselleiro delegado de ABANCA, Francisco Botas, reafirmou "a firme determinación do banco para axudar ao tecido produtivo e ao conxunto da sociedade no camiño da sustentabilidade. Con este novo compromiso de financiamento, queremos acompañar ás grandes, pequenas e medianas empresas ante este enorme reto de transición verde e de descarbonización da produción, que vai ser esencial non só para a súa competitividade futura, senón tamén para construír unha sociedade máis sustentable", subliñou.

Pola súa banda, Juan Manuel Vieites, sinala que "este convenio é unha excelente oportunidade para as empresas interesadas en adoptar tecnoloxías renovables e eficientes. Facilita o acceso ao crédito, permitindo a implementación de proxectos que reducen custos operativos a longo prazo e melloran a sustentabilidade ambiental. Abanca mostra un compromiso coa transición cara a unha economía máis verde ao apoiar financieramente iniciativas que promoven enerxías limpas e tecnoloxías innovadoras. As empresas que participen poden mellorar a súa imaxe pública ao demostrar responsabilidade ambiental e contribuír á loita contra o cambio climático".

Así mesmo, sinala que "este tipo de convenios fomenta a innovación no sector empresarial ao impulsar o desenvolvemento e a adopción de novas tecnoloxías enerxéticas. A colaboración entre entidades financeiras e empresas para proxectos deste tipo pode inspirar a outras institucións a seguir o exemplo, xerando un impacto positivo na comunidade empresarial e a sociedade en xeral".

Oferta financeira adaptada

O financiamento se instrumentaliza a través dunha oferta adaptada con solucións específicas e en condicións especiais, que inclúe, entre outras fórmulas, préstamos, avais e anticipos de axudas europeas Next Generation EU.

Este novo acordo bilateral de financiamento chega nun momento crucial en Galicia para o impulso do investimento público-privada ligado á transformación económica. Nos próximos meses espérase a apertura de novas convocatorias de axudas no marco dos proxectos estratéxicos de recuperación e transformación económica (PERTE), así como doutros programas dirixidos a empresas de menor tamaño. A través destes fondos públicos promoveranse importantes investimentos para a descarbonización industrial e o desenvolvemento da mobilidade eléctrica, entre outras, que deberán ser completadas con financiamento privado.

Ademais das facilidades de crédito, ABANCA proporcionará aos asociados da CEG o seu coñecemento experto no desenvolvemento de proxectos enerxéticos, co obxectivo de favorecer un mellor aproveitamento das axudas recibidas. Neste sentido, o banco ofrece ás empresas a posibilidade de conformar equipos de traballo bilaterais con especialistas do banco en transición enerxética a través da súa unidade ABANCA Energy, así como doutras áreas enfocadas aos segmentos de pemes, empresas e banca corporativa.

Actividades divulgativas

Doutra banda, esta nova alianza entre ABANCA e a CEG recolle un marco de colaboración conxunta para o desenvolvemento dun programa de eventos e actividades de interese empresarial, no que se abordarán temáticas relacionadas coa economía, infraestruturas e sustentabilidade, entre outras.

Esta mesma mañá celebrouse a primeira das actividades previstas: un almorzo-coloquio co director de Conxuntura e Economía Internacional da Fundación de Caixas de Aforros (FUNCAS), Raymond Torres, que foi presentado polo director xeneral Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa. Na súa intervención, este experto trasladou a súa visión sobre a evolución da economía española ante os grandes desafíos actuais e futuros. No evento participaron tamén o secretario xeral da Oficina de Coordinación Económica de Presidencia da Xunta de Galicia, Juan Carlos Reboredo; e a directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Covadonga Toca.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.