CEG

 

A CEG lamenta o falecemento do empresario pontevedrés Magín Froiz

Condolencias
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) lamenta profundamente o falecemento, esta mañá, do empresario pontevedrés Magín Froiz, fundador e dono da cadea de supermercados Froiz, e transmite todo o agarimo e apoio á súa familia e achegados nun momento tan difícil.
 
A CEG valora o importante papel que desempeñou o magnífico empresario como xerador indiscutible de riqueza e emprego na provincia de Pontevedra en particular e en Galicia en xeral, a través dun dos grupos alimenticios máis relevantes de España, situado entre as 20 primeiras empresas do sector, con presenza no noso país e en Portugal, e con máis de 5.000 traballadores.
 
A organización empresarial galega destaca a valía deste traballador incansable e enormemente comprometido co desenvolvemento da nosa terra.
 
 
TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.