Roadshow B4T Santiago de Compostela – 26/02/2025
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), co obxectivo de seguir apoiando ás pemes no acceso á contratación pública na Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal continúa en 2025 co ciclo de presentacións do proxecto BID4Tenders.
Neste primeiro Roadshow do ano, abordaremos en colaboración con en colaboración con AEP, CEVAL, IAPMEI e IGAPE, socios do proxecto, estratexias e vantaxes para acceder a contratos públicos, así como os principais desafíos do sector, como a diminución de participantes en licitacións e o aumento de contratos desertos. Tamén presentaremos o plan de actividades 2025, con iniciativas de formación, asesoramento e ferramentas prácticas para facilitar a participación en procesos de licitación.
Ademais, contaremos co testemuño dunha empresa que obtivo resultados exitosos grazas ao proxecto BID4Tenders, compartindo a súa experiencia e claves para mellorar a competitividade na contratación pública.
O evento contará coa colaboración especial da Xunta Consultiva de Contratación de Galicia, ofrecendo ás empresas información de primeira man sobre o proceso de licitación pública en Galicia e as súas novidades.
Se a túa empresa busca expandirse a través da contratación pública, este evento é clave para ti. Non perdas a oportunidade de mellorar o teu coñecemento e estratexias neste ámbito en crecemento.
Rúa do Vilar, 54 - 15705 Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia
Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.
Revisión del marco legislativo sobre contratación pública de la UE
Leer más
Consulta sobre el Principio de Reconocimiento Mutuo de Mercancías en el Mercado Único de la UE
Leer más