Matchmaking event WindEnergyMatch 2022
A Confederación de Empresarios de Galicia como membro da Enterprise Europe Network colabora na organización do evento empresarial WindEnergyMatch en 2022 que se desenvolverá no marco da feira internacional WindEnergy Hamburg e a H2Expo & Conference.
O evento WindEnergyMatch en 2022 ten como obxectivo promover celebración de reunións de negocios entre os distintos actores da industria eólica.
As reunións empresariais B2B terán lugar os días 28 e 29 de setembro, de forma presencial na Matchmaking área que se atopa no Hall B5.
Por que participar?
As empresas participantes terán a oportunidade de reunirse bilateralmente en reunións preestablecidas de 30 minutos para:
Explorar oportunidades de negocio e/o entrar en novos mercados.
Identificar socios potenciais para proxectos de I+D e transferencia de tecnoloxía.
Intercambiar mellores prácticas e coñecementos sobre prácticas, materiais e estratexias innovadoras.
A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 28 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Para quen?
Para visitantes e expositores, empresas, institucións de investigación que buscan socios comerciais e de proxectos internacionais no ámbito da enerxía eólica e o hidróxeno verde.
Como participar?
É necesario Rexistrarse na plataforma https://windenergymatch-2022.b2match.io/. A participación para expositores é gratuíta.
Publicar un perfil con información sobre a súa empresa e a súa intención de colaboración
Explorar a lista de participantes e solicitar reunións coas empresas de interese
Desde a CEG facilitaremos todo o apoio posible para a súa participación, tanto para a revisión dos perfís, recomendación de reunións en función do interese de cada empresa, envío das axendas ou calquera outra consulta que se poida expor.
Informar tamén que a plataforma conta cunha app «b2match» para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus
- Enterprise Europe Network
Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.
Revisión del marco legislativo sobre contratación pública de la UE
Leer más
Consulta sobre el Principio de Reconocimiento Mutuo de Mercancías en el Mercado Único de la UE
Leer más