MariMatch at SMM 2022
Na feira internacional SMM 2022 en Hamburgo terá lugar o encontro empresarial «MariMatch at SMM 2022” durante os días 8 e 9 de setembro no pavillón B4 (planta alta entrada Este), en horario de 10:00 Am a 5:30 Pm. O evento está orientado tanto a solucións innovadoras para a sustentabilidade e a dixitalización, como á oportunidade de coñecer potenciais socios comerciais.
Marimatch en SMM 2022 ofrece a posibilidade de manter reunións entre empresas de 20 minutos, que previamente se establecen a través dunha plataforma en liña. Ademais, é posible solicitar previamente ou alí no sitio, información sobre posibilidades de financiamento do sector marítimo para proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación marítimos, mesmo visitas guiadas en cooperación coa Agrupación industrial Marítima do Norte de Alemaña.
A participación non ten custo para os expositores e visitantes de SMM, grazas ao financiamento público da EEN que procede da Unión Europea.
O procedemento para participar é moi sinxelo:
É necesario o rexistro da empresa a través de botón“Register now” que atopará nesta ligazón https://marimatch-smm2022.b2match.io/home.
É importante indicar a súa dispoñibilidade horaria para a axenda de reunións.
Debe incorporar no perfil, información da súa empresa e o seu interese en cooperación.
A información debe de ser clara e de interese para o posible socio.
Explorar os perfís dos asistentes.
A CEG tamén lle facilitará esta información.
Enviar e recibir solicitudes de reunión (é necesario aceptar as reunións para que posteriormente se incorporen a axenda e programen).
A posibilidade de rexistro estará aberta ata o 5 de setembro e antes do encontro cada empresa recibirá a súa axenda de reunións.
Informar tamén que a plataforma conta cunha App «b2match» para IOS/Android, que permite o acceso á axenda de reunións, información sobre as reunións e sobre calquera cambio de última hora (aceptacións, cancelacións,…)
- Confederación de Empresarios de Galicia
- EEN-GalacteaPlus
- Enterprise Europe Network
Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.
Revisión del marco legislativo sobre contratación pública de la UE
Leer más
Consulta sobre el Principio de Reconocimiento Mutuo de Mercancías en el Mercado Único de la UE
Leer más