Foro Galego de Seguridade e Saúde Laboral: As Novas Contornas Laborais
A Confederación de Empresarios de Galicia leva máis de tres décadas fomentando un mercado de traballo respectuoso e seguro, impulsando a mellora da prevención de riscos laborais nas empresas e no conxunto da sociedade, propiciando o intercambio de coñecementos e experiencias, mediante a aprendizaxe continua, o fomento da formación daqueles temas máis innovadores, facilitando espazos para a opinión, a reflexión e o debate, desenvolvendo estudos de formación, etc. co fin de contribuír ao desenvolvemento desta materia como elemento clave na estratexia empresarial.
Durante estas décadas asistimos a cambios sociais, empresariais e industriais de diferentes velocidades ata chegar á vertixinosa revolución dixital e ecolóxica que estamos a vivir actualmente e que acelerou, modificou e transformou a forma na que nos relacionamos, producimos e traballamos, creando unha contorna laboral totalmente nova e disruptiva. Unha contorna laboral marcada por novos sistemas como a realidade estendida (XR), a intelixencia artificial xenerativa, o metacloud, o big data, a loxística autónoma, a observabilidade aplicada, o teletraballo, etc. que nos traen grandes avances, pero tamén novos desafíos para as empresas e as persoas traballadoras e por suposto novos retos no ámbito dos riscos laborais.
Como marca a “Estratexia de Seguridade e Saúde no Traballo: Horizonte 2027” hai que xerar coñecemento técnico para a prevención dos novos riscos e así evitar futuros danos para a saúde da poboación traballadora. É o momento, por tanto, de que expertos e profesionais da seguridade e saúde no traballo e da tecnoloxía compartan nun Foro de Prevención de Riscos Laborais experiencias, coñecementos, desafíos e retos na nova contorna laboral, co obxectivo de analizar e dar resposta aos riscos emerxentes derivados desa transformación dixital, ecolóxica e social.
Convidámosche a unirte a este foro e a coñecer de primeira man os retos e oportunidades aos que nos enfrontamos ante as novas contornas do mercado laboral.
Co financiamento de:

Praza do Obradoiro, 1 – 15705 Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia
Inscripción cerrada
La fecha de inscripción ha finalizado.
Revisión del marco legislativo sobre contratación pública de la UE
Leer más
Consulta sobre el Principio de Reconocimiento Mutuo de Mercancías en el Mercado Único de la UE
Leer más