CEG

 

A Zona Franca de Vigo ofrece as súas ferramentas aos empresarios galegos en Compostela

Encontro empresarial
Encontro empresarial
Encontro empresarial

Zona Franca de Vigo e Círculo de Empresarios de Galicia reuníronse coa Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) en Santiago de Compostela, co obxectivo de poñer en común os plans estratéxicos da ZFV con representantes do tecido empresarial da comunidade e ofrecer o seu apoio e ferramentas aos empresarios.  

Co título Zona Franca de Vigo, obxectivos estratéxicos, o delegado do Estado do Consorcio da ZFV David Regades presentou os proxectos e programas desta institución pública “que traballa para potenciar o desenvolvemento económico galego, o comercio internacional, as infraestruturas e a cultura emprendedora”.  

O encontro, así mesmo, contou coas intervencións de María Borrás por parte da Xunta Directiva do Círculo e do presidente da CEG, Juan Manuel Vieites. Borrás puxo en valor este encontro empresarial “para detectar as claves do desenvolvemento económico e empresarial de Galicia, impulsando sinerxias”, nun marco de incerteza onde as fortalezas e a filosofía do Círculo como “espazo de colaboración e encontro deben ser referentes”.

Pola súa banda, o presidente da CEG Juan Manuel Vieites destacou a importancia para o tecido empresarial galego de dispoñer de espazos de encontro como o celebrado esta mañá, no que se xeran oportunidades para identificar iniciativas, oportunidades de negocio e sinerxias de cooperación que favorezan o crecemento e a consolidación do noso empresariado, redundando na creación de riqueza e emprego en toda a comunidade autónoma.

Ao encontro asistiron, así mesmo, o alcalde de Santiago Xosé Sánchez Bugallo e o reitor da USC Antonio López, e representantes de destacadas empresas de Galicia.

Zona Franca: 520 millóns de activos, 8 millóns de metros cadrados de chan e 20.000 empregos

Na súa exposición, o delegado do Estado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, transmitiu aos presentes as fortalezas dunha institución que xestiona un volume de activos de 520 millóns de euros e un investimento próximo aos 50 millóns de euros no trienio 2019-2021.

Con máis de 8 millóns de metros cadrados de chan industrial, 705 empresas instaladas, 20.000 empregos e 45 novas compañías creadas en catro anos, Regades destacou a ZFV como o gran motor da área sur e, por extensión, de Galicia, polo seu apoio ao emprendemento con viveiros empresariais, aceleradoras e incubadoras de empresas, e proxectos de internacionalización de referencia como ViaExterior, unha aceleradora multisectorial con 81 empresas “aceleradas”.

Así mesmo, presentou o Informe Ardán, “un servizo de estudos da empresa galega que destaca as mellores prácticas desde hai máis de 25 anos”; accións con marca Área de Vigo, proxectos de futuro como o World Car Center, a Planta de produción de hidróxeno verde en Balaídos ou a participación no primeiro PERTE de España da automoción.

Precisamente, Regades sinalou que “a posta en marcha dos principais Perte (Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica) por parte do Goberno de España é un bo momento para recoller as inquietudes empresariais, #ante o inicio dun novo momento económico e para permitir que os fondos europeos permitan consolidar a recuperación. Os datos de emprego e de actividade son bos e hai que seguir traballando para que se manteñan nesa liña”, explicou.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.