A CEG manifesta a súa preocupación polo incremento da conflitividade laboral e apela ao fortalecemento do diálogo social
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) manifesta a súa preocupación polo significativo incremento da conflitividade laboral rexistrado en Galicia durante 2025 e pola continuidade desta tendencia nos primeiros meses de 2026, e os datos da Estatística de Folgas e Peches Patronais do Ministerio de Traballo e segundo reflexa o Boletín nº 45 de Información Sociolaboral do Consello Galego de Relacións Laborais Economía Social.
O balance de 2025 evidencia un cambio de tendencia na comunidade autónoma. O número de folgas aumentou un 41% respecto ao ano anterior, mentres que as xornadas non traballadas incrementáronse un 106% e o número de persoas participantes creceu un 286%, situando a Galicia moi por encima da evolución rexistrada no conxunto de España. En total, contabilizáronse 55 folgas, con 13.163 persoas participantes e 45.895 xornadas non traballadas.
Esta evolución contrasta coa rexistrada a nivel nacional, onde o número de folgas descendeu durante 2025, aínda que aumentou o seu impacto en termos de participación e xornadas perdidas, aínda que cunha intensidade moi inferior á observada en Galicia.
Desde a CEG explican que os datos correspondentes ao período xaneiro-abril de 2026 confirman que a conflitividade continúa crecendo en Galicia. Tendo en conta o dato da repercusión territorial das folgas, nos catro primeiros meses do ano rexistráronse 15 folgas, con 3.746 persoas traballadoras participantes e 4.686 xornadas non traballadas, mellorando todos os indicadores respecto ao mesmo período de 2025. Mentres tanto, no conxunto de España, aínda que aumentou o número de folgas, descenderon tanto as persoas participantes como as xornadas non traballadas.
O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, considera que “estes datos deben interpretarse como unha chamada de atención sobre a necesidade de preservar un clima de estabilidade nas relacións laborais. Nun contexto de incerteza económica, incremento dos custos empresariais e transformación do mercado de traballo, resulta imprescindible reforzar os espazos de negociación e favorecer solucións dialogadas que permitan compatibilizar a lexítima defensa dos intereses de traballadores e empresas coa continuidade da actividade económica e o mantemento do emprego”.
Neste sentido, a organización empresarial lembra que “contamos cun instrumento efectivo como é o AGA (Acordo interprofesional Gallego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo) que posibilita procúraa de solucións aos conflitos colectivos de traballo”.
A evolución observada en Galicia adquire especial relevancia se se ten en conta que, segundo os informes de CEOE sobre conflitividade laboral, durante 2025 aumentou o número de folgas en España respecto ao exercicio anterior, aínda que as horas de traballo perdidas concentráronse maioritariamente nos servizos de carácter público. Nos primeiros meses de 2026, ademais, o incremento das horas perdidas por conflitividade estivo fortemente condicionado por conflitos nestes sectores.
A Confederación de Empresarios de Galicia reitera o seu compromiso co diálogo social “como vía prioritaria para previr e resolver os conflitos laborais” e fai un chamamento a todas as partes implicadas “para fortalecer os mecanismos de diálogo e mediación, xerar certeza e contribuír a unha contorna de estabilidade que favoreza a competitividade das empresas galegas, a atracción de investimentos e a creación de emprego de calidade”.
A CEG fai un chamamento á prudencia na interpretación das enquisas sobre xornada laboral
Ler máisA CEG pide un gran pacto para impulsar a produtividade
Ler máis
Contacta coa
CEG