CEG

 

A CEG pide condicións simplificadas para a contratación polas empresas, formación adecuada e mellora da inserción laboral para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Diálogo Social

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) reclama á Consellería de  Emprego e  Igualdade “condicións o máis simplificadas posibles para a contratación polas empresas ás mulleres vítimas da violencia de xénero, así como tamén que a formación das mesmas sexa a adecuada e que se mellore a cifra de inserción laboral deste colectivo”. Así o reivindica o presidente da patronal galega, Juan Manuel Vieites, tras a primeira reunión do Diálogo Social de Galicia en que se debaten as medidas do Pacto de Estado contra a violencia de xénero vinculadas ao emprego celebrada esta mañá de forma telemática con María Jesús Lorenzana, conselleira de  Emprego e  Igualdade e José Antonio Gómez e Ramón Sarmiento, secretarios xerais de UXT e CCOO en Galicia, respectivamente.

Igualmente a organización empresarial galega considera que o Plan de Formación en igualdade e tratamento da violencia de xénero dirixido aos empregados públicos das oficinas de emprego de Galicia que pretende poñer en marcha este departamento do Goberno autonómico débese de abordar na Mesa de Función Pública.

Juan Manuel Vieites congratulouse desta reunión porque as medidas de apoio á contratación de mulleres vítimas de violencia de xénero teñen que adoptarse a través da ferramenta do Diálogo Social e dentro do marco do Pacto de Estado asinado con este obxectivo. “Teño que agradecer á conselleira, María Jesús Lorenzana, esta iniciativa e considero como moi positivo comezar o ano tratando no Diálogo Social as medidas deste Pacto no que respecta a a vinculación entre o emprego e a loita contra a violencia de xénero”, expón.
 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.