A CEG celebra a sexta edición do torneo “Atlantic Golf Business Cup”, organizada xunto coa AEP e co patrocinio de ABANCA
A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) celebra a sexta edición do torneo “Atlantic Golf Business Cup“, organizada xunto coa Associação Empresarial de Portugal (AEP) e co patrocinio de ABANCA, no Club de Golf de Amarante (Portugal).
O presidente dos empresarios galegos, Juan Manuel Vieites, subliña que “a Atlantic Golf Business Cup vai camiño de consolidarse como un espazo de encontro empresarial que facilite o contacto directo entre empresas, favoreza a identificación de oportunidades comerciais e contribúa a ampliar as relacións económicas entre Galicia e Portugal. Máis aló da súa dimensión deportiva, o encontro busca xerar unha contorna propicia para compartir intereses, establecer contactos e explorar novas vías de colaboración entre empresas de ambos os territorios, reforzando así un espazo económico e empresarial con importantes vínculos e oportunidades de crecemento”.
Vieites, afirma que “esta iniciativa responde a unha realidade económica cada vez máis conectada entre Galicia e Portugal e, especialmente, entre o tecido empresarial galego e o do norte de Portugal. A participación de compañías de sectores e actividades tan diversos reflicte a amplitude das relacións económicas existentes e o potencial para seguir xerando novas oportunidades de negocio, cooperación empresarial e proxectos conxuntos a ambos os dous lados da fronteira”.
No evento participaron o presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, e o presidente da Associação Empresarial de Portugal (AEP), Luis Miguel Ribeiro, alén de xogadores de distintas empresas galegas como Abanca, Rockwool; Bingos Costa Verde; Clínicas San Lázaro; Adegas As Laxas; EuroRed VIGO SL; EDIPREM; Pinturas Proa; ISEGA Technology; AFAMSA; Estuchados Celta; Pescapuerta; SanBrothers; FCC Aqualia; Grupo AT Valor; Clínica Altamar; SOLUFINA; EAU Arquitectura. E, por parte de Portugal, …
Desde a organización explican que este evento é unha oportunidade para desfrutar dunha xornada de deporte e á súa vez “compartir e promover a cooperación cada vez máis necesaria entre os empresarios de Galicia e do norte de Portugal, un socio comercial privilexiado para Galicia, cuxa unión e colaboración é fundamental para abordar o futuro”.
Vieites, explicou que “a Atlantic Golf Business Cup nace precisamente coa vocación de ir máis aló do ámbito deportivo e converterse nun punto de encontro para empresarios e directivos de ambos os territorios, favorecendo o contacto directo, a xeración de confianza e o impulso de novas relacións comerciais e empresariais entre Galicia e Portugal. A ampla representación de compañías participantes evidencia o interese por seguir estreitando uns este torneo foi unha celebración do espírito de colaboración, a amizade e o entendemento entre empresarios de Galicia e Portugal. Compartimos non só o campo de golf, senón tamén valores, experiencias e unha visión común de futuro”.

Do mesmo xeito, agradeceu ao presidente da Associação Empresarial de Portugal, Luis Miguel Ribeiro, así como aos membros do seu consello de administración, “a súa implicación, compromiso e constancia na organización desta Atlantic Golf Business Cup. Esta iniciativa é unha mostra máis do interese compartido por seguir fortalecendo os vínculos empresariais entre Galicia e Portugal e da estreita relación que manteñen ambas as organizacións, as cales comparten a súa participación en numerosos proxectos internacionais e transfronteirizos así como a pertenza a importantes redes europeas de apoio a empresas como a Enterprise Europe Network ou o Eures Transfronteirizo, con especial atención ao norte do país veciño, un territorio co que Galicia mantén intensas relacións comerciais, económicas e empresariais. A participación de empresas de sectores moi diversos, tanto galegas como portuguesas, pon de manifesto o potencial destes encontros como espazos para xerar novas oportunidades de colaboración, intercambio de coñecemento e establecemento de relacións empresariais”.
Así mesmo, a CEG agradece a ABANCA o seu apoio a esta iniciativa, no marco do convenio de colaboración que ambas as entidades manteñen, e que “reflicte o seu compromiso compartido co tecido empresarial galego e coa promoción de novas oportunidades de negocio, lazos que resultan estratéxicos para o desenvolvemento económico de ambas as rexións”.
A xornada rematou con vitoria para o equipo de Portugal e na entrega de trofeos pariciparom Jorge Casal e Carlos Suances de Abanca e o presidente dá Cámara Municipal de Amarante (alcalde), Jorge Ricardo.
Fundación INADE y la CEG impulsarán la divulgación de la gestión integral del riesgo entre las empresas gallegas
Ler máis
Contacta coa
CEG