O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, insistiu na necesidade de "unha CEPYME máis forte, máis unida, nesa unidade de acción conxunta con CEOE. É necesario reforzar esa imaxe e proxectos que se desenvolven desde as pemes, necesitamos que se intensifiquen os apoios ás pequenas e microempresas, xunto cos autónomos, e defender os seus intereses".