Xornada sobre Novidades no Ámbito Laboral e Orientacións para a Negociación Colectiva – 06/10/2026
O obxectivo da xornada é a actualización do coñecemento das persoas asistentes en materias actuais e novidades no ámbito das relacións laborais. Ademais, o instituto da negociación colectiva estase a ver afectado por importantes modificacións. O obxectivo desta xornada é achegar un mellor coñecemento das devanditas novidades cun enfoque eminentemente práctico.
Temas:
- Real Decreto 723/2026, do 9 de setembro polo que se traspón a Directiva (UE) 2019/1152 do Parlamento Europeo e do Consello, do 20 de xuño de 2019, relativa a unhas condicións laborais transparentes e previsibles
- Xubilación Flexible
- A dixitalización das notificacións electrónicas
- Que cambiou e que facer tras unha declaración de Incapacidade Permanente?
- A indemnización por despedimento improcedente, un asunto pechado?
- Actualización da Lei de Prevención de Riscos Laborais
- Impacto dos permisos retribuídos. Prevense máis cambios normativos nesta materia?
- Plans de mobilidade sostible, a que empresas aplican?
- Cales son as principais directivas europeas pendentes de transposición?
- Acceso da ITSS ao centro de traballo situado no domicilio social da empresa
- Absentismo laboral, cal é o último criterio xurisprudencial?
3 horas e media
Rúa do Vilar, 54 Santiago de Compostela
- Confederación de Empresarios de Galicia
Inscrición cerrada
A data de inscrición finalizou.
Xornada sobre “A Directiva (UE) 2023/970, sobre transparencia e igualdade retributiva” – 30/10/2026
Ler máis
Xornada sobre “A Xornada de Traballo e o seu Control” – 29/10/2026
Ler máis