A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) invítalle a participar nunha sesión informativa sobre o sistema de Incentivos Fiscais á disposición das empresas que tributan polo IRC (Imposto de sociedades) en Portugal e que terá lugar o vindeiro venres día 2 de decembro ás 10:00 horas.
A actual lexislación portuguesa, regula un conxunto de incentivos fiscais ao investimento en I+D+I que se pode facer directamente polas empresas innovadoras ou, indirectamente, por calquera sociedade, a través do investimento en Fondos de Capital Risco portugueses que, a súa vez, invistan en startups tecnolóxicas innovadoras (rexistradas como tal na ANI-Axencia Nacional de Inovação): Unha empresa con calquera tipo de actividade (e NIF/CIF) en Portugal a data de hoxe, pode beneficiarse investindo en Fondos de Capital Risco portugueses, dun crédito fiscal do 82,5% do valor investido (ata 2,5M€).
O evento desenvolverase en formato telemático a través da ferramenta ZOOM.
Se desexa participar, por favor inscríbase a través do seguinte formulario.
2 de decembro de 2022
10:00 h
telemática