Refraneiro galego XI: Onde vai!!

Refraneiro galego XI: Onde vai!!

Serie tomando como “soporte” famosos refráns e expresións típicas de Galicia.

Cap. I: Nunca choveu que non escampara.
Cap. II: Outra vaca no millo.
Cap. III. Nin arre nin xo.
Cap. IV. Malo será. 
Cap. V. Estar na horta e non ver as verzas.
Cap. VI. Galiña vella fai bo caldo.
Cap. VII. Tarde piaches!
Cap. VIII. Ser un toxo.
Cap. IX. Chegar e encher.
Cap. X. Marcho que teño que marchar.
Cap. XI. Onde vai!

Se non sodes de Galicia, avisamos, a tradución literal pódevos levar a confusión.

Porque non, non preguntamos a onde se dirixe alguén, non nos referimos a un lugar ou unha localización. Estamos ante unha expresión temporal.

O significado ven dicir que xa hai moito tempo dun feito (en castelán sería un equivalente a “ha llovido mucho desde entonces” , pero máis bonitiño e máis curto).

E, como é o noso costume, trasladámonos ao mercado de traballo, para facer unha reflexión: 

Cando nos pregunten como están as nosas organización en materia de igualdade, estamos desexando poder responder: 

Acadar a igualdade? 

Onde vai!

Compartides o noso desexo? 

Necesitades asesoramento ou apoio técnico?

igualdade@ceg.es
981 555 888

Autor
Confederación de Empresarios de Galicia
Editor
Confederación de Empresarios de Galicia
Financiación
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Gobierno de España
Ministerio de Trabajo y Economía Social
Servicio Público de Empleo Estatal (SEPE)
Dirección Xeral de Emprego
Xunta de Galicia
Formato
Electrónico
Información adicional
TwitterFacebook

Utilizamos cookies en nuestro sitio web para admitir características técnicas que mejoran su experiencia de usuario

También utilizamos servicios de análisis y estadísticas.