Expirado o prazo para a presentación de candidaturas a ostentar a Presidencia da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) hoxe ás 12.00 horas, na Asemblea Xeral Electoral, que se celebrará o próximo día 24 de novembro, serán os aspirantes Pedro Pablo Rey Vera e José Manuel Díaz Barreiros os que se disputarán o acceso ao devandito cargo.
Ambos os candidatos cumpren os requisitos establecidos no art. 23 dos Estatutos da organización empresarial sobre a figura do Presidente e en cuxo quinto parágrafo reza: “Os candidatos á Presidencia deberán ser presentados por Confederacións Provinciais ou Organismos Sectoriais membros da CEG. Cada Confederación e Organización Sectorial só poderá presentar un candidato”.
Así, Rey Vera é candidato a proposta de CECAP Galicia -Federación Galega de Empresas de Formación-, mediante escrito presentado o día 9 de novembro; e a proposta tamén da Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), por medio de escrito presentado hoxe, día 17 de novembro. E pola súa banda, Díaz Barreiros é candidato a proposta da Confederación Empresarial de Ourense (CEO), mediante escrito presentado o pasado día 10 de novembro.