CEG

 

O presidente da CEG recibe en visita instituciónal á directiva da Fundación INADE

Reunión cos representantes da Fundación INADE

O noso presidente, Juan Manuel Vieites Baptista de Sousa, recibiu esta mañá na sede da patronal ao presidente e director da Fundación  INADE, José Ramón Santamaría Barreiro e Adolfo Campos Carballo, respectivamente. 

Pola súa banda, Juan Manuel Vieites considera que nesta nova etapa, a CEG debe implantar a cultura do risco e o seguro no tecido empresarial galego e, para iso, estreitará os seus lazos de colaboración con Fundación Inade. “Cando as cousas van mal recorremos ao seguro”, lembrou o presidente da patronal galega durante a reunión.

Para Fundación Inade tamén resulta imprescindible estar preto dos empresarios galegos e para iso solicitáronlle á patronal galega o seu apoio en tres das súas liñas de traballo: na investigación, formando parte da mesa presidencial na presentación dos dous estudos que a Fundación ten en proceso; na transmisión do coñecemento, apoiando a organización da primeira Conferencia Galaica de Riscos e Seguros na empresa; e na Acción Social, propoñendo candidatos para o Premio Galicia Seguro á Empresa Galega e participando na cerimonia de entrega.

Ambas organizacións marcáronse como obxectivo a redacción dun novo convenio de colaboración que recolla distintas iniciativas que axuden a mellorar a xestión do risco na empresa galega, xa que a insuficiente política de xestión de riscos supón a desaparición do 12,5% do tecido produtivo e a perda de emprego de 1 de cada 4 traballadores.

    TwitterFacebook

    Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

    Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.