CEG

 

José Manuel Díaz Barreiros oficializa a súa candidatura ás eleccións presidenciais da CEG

José Manuel Díaz Barreiros

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) recibiu esta mañá a presentación da candidatura oficial de José Manuel Díaz Barreiros a ostentar a súa Presidencia para a próxima Asemblea Xeral Electoral -que se celebrará o próximo día 24 de novembro-, tras o apoio unánime da Xunta Directiva da Confederación Empresarial de Ourense ( CEO), organización á que pertence.

O empresario ourensán pertence ao comité executivo e á xunta directiva da CEG e foi vicepresidente da CEO co anterior presidente desta entidade, o falecido José Manuel Pérez Canle. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid, Díaz Barreiros é tamén Máster en Asesoría Xurídica de Empresas e Máster en Dirección de Asesoría Fiscal de Empresas polo Instituto de Empresa de Madrid (IE). Ademais, entre a súa bagaxe profesional, destaca a faceta de Xestor Administrativo e Procurador dos Tribunais e Corredor e Perito Xudicial de Seguros.

 

 

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.