A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), a través do seu Servizo de Licitacións Internacionais SALT, en colaboración coa consultora Karine Brück International, levou a cabo a Segunda Xornada de Formación Técnica en Licitacións Multilaterais o 25 de abril no salón de actos da CEG en Santiago de Compostela.
A xornada estivo dirixida a todas as empresas do tecido empresarial galego interesadas en gañar contratos de subministracións, obras ou servizos con organismos de cooperación multilateral como ONU, BM, BID, BAfD, BAsD, entre outros.
Os asistentes puideron coñecer de primeira mano ferramentas de procura de licitacións multilaterais e aprenderán a localizar oportunidades, a presentar expresións de interese e a preparar unha oferta gañadora. Ademais, abordaranse temas como a parte administrativa legal, a oferta técnica, a oferta económica e o escandallo global dunha oferta financeira.
En concreto as empresas adquiriron coñecementos tales como:
• Onde atopar oportunidades? Nos diversos Organismos Multilaterais e Institucións Financeiras Internacionais como a Unión Europea, Banco Mundial ou Nacións Unidas entre outros. As empresas puideron solicitar a información práctica e as ferramentas necesarias para filtrar oportunidades de negocio segundo os seus intereses.
• As expresións de interese (EOI). O principal proceso para optar a contratos de servizos sometidos a licitación internacional.
• Como preparar unha oferta gañadora? Cada institución financeira internacional dispón do seu propio procedemento e é fundamental ler coidadosamente o conxunto do dossier da licitación porque está elaborado para que podamos presentar toda a nosa oferta co conxunto de instrucións e formularios que conteña.
• Finalmente abordáronse conclusións e recomendacións sobre o acceso ás licitacións multilaterais e mostrouse unha proposta de organización interna para preparar ofertas en caso de consorcio con diferentes empresas.
A pesares de que estes procesos son unha vía de internacionalización para a empresa menos coñecida, esta xornada de formación técnica en licitacións multilaterais, organizada pola CEG, supuxo unha excelente oportunidade para que as empresas galegas obteñan coñecementos e ferramentas para presentarse a licitacións internacionais con maiores posibilidades de éxito.
Desde SALT ofrecemos asesoramento e información individualizada ás empresas galegas. Para calquera consulta rexístrese en https://salt.ceg.es/es/