CEG

 

CEOE aproba por unanimidade a prórroga dos ERTE ata o 31 de maio

Reunión órganos de Goberno de CEOE

Os órganos de Goberno de  CEOE, reunidos este martes con carácter ordinario e nos que participou Antonio Fontenla en representación da patronal galega, decidiron por unanimidade aprobar o documento sobre a prórroga dos expedientes temporais de regulación de emprego ( ERTEs) ata o próximo 31 de maio.

Ademais,  CEOE deu o seu apoio á petición de ATA de dar protección e axuda aos autónomos que se están vendo afectados polas limitacións de aforo e actividade por orde administrativa.

Reforzo da área de Turismo

Doutra banda, na mesma reunión informouse do nomeamento de Jorge  Marichal, presidente da patronal hostaleira  CEHAT, como presidente do Consello de Turismo de  CEOE, e de José Luis  Yzuel, presidente de Hostalería de España e membro da Xunta Directiva de  Cepyme, como vicepresidente do mesmo.

Estes cambios, xunto ao nomeamento de Inmaculada Benito como nova directora de Turismo, Cultura e Deporte de  CEOE, reforzan a defensa dos intereses empresariais e a interlocución das empresas coa Administración nestes ámbitos.

Así, deuse un paso máis no deseñar unha estrutura representativa no ámbito do turismo que combina a presenza das principais actividades presentes no sector e a interlocución de todo o abanico de empresas, desde as máis pequenas ás grandes corporacións.

 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.