CEG

 

Aprobada por CEOE e Cepyme a última proposta presentada polo Ministerio de Trabajo para prorrogar os ERTEs

Prórroga dos ERTEs

CEOE e Cepyme aproban a última proposta presentada polo Ministerio de Trabajo para prorrogar os expedientes de regulación temporal de emprego (ERTEs). Consultados os órganos de Goberno este xoves, dos que forma parte a CEG, douse un apoio unánime á proposta, en tanto que presenta importantes avances con respecto á proposta inicial.

Con todo, seguirase traballando para que no mes de setembro se poida abordar como se afrontará o último trimestre do ano, sempre co desexo compartido polas partes de que para entón se recuperara toda a actividade posible.

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.