CEG

 

A CEG mantén a cautela ante a baixada de tipos de interese, debido á incerteza económica xeral

A CEG valora positivamente a baixada dos tipos de interese, para as empresas e para as familias

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) ve con optimismo moderado a redución de tipos, "xa que pode facilitar o acceso ao crédito. Aínda que a baixada é pouco significativa si pode indicar un cambio de tendencia que anime o consumo e o investimento", sinalan.

O presidente da CEG, Juan Manuel Vieites, explica que "a pesar diso, os empresarios e as empresarias galegas mantemos cautela, debido á retardación da economía. De confirmarse esta tendencia, habilitaría unha contorna máis favorable para as empresas, que poderían afrontar a transformación na que están inmersas con maior rapidez".

Vieites enumera entre as necesidades inmediatas das empresas: a liquidez e liñas de crédito accesibles para manter as súas operacións e financiar novos proxectos. Igualmente fala da necesidade de certidumbre regulatoria. "Un marco regulatorio claro e estable é esencial para que as empresas poidan planificar os seus investimentos e estratexias a curto prazo".

As decisións do BCE respecto dos tipos de interese son observadas de preto polos mercados financeiros e teñen implicacións significativas para a economía da zona euro e máis aló. Anunciouse a baixada de 0,25 puntos, situando os tipos no 4,25%. O euribor xa anticipaba esta caída diminuíndo 6 milésimas con respecto ao seu último valor e, por tanto, situándose nun 3,684%. 

O euribor en maio en 2023 pechou en 3,86% e este mes de maio de 2024 en 3,68%. De feito, espérase que haxa dúas rebaixas de tipos adicionais en 2024, deixando o euribor entre o 3,25% e o 3,3% a final de ano. 

Vieites subraya que "estaremos atentos ás próximas decisións do BCE, que sen dúbida inflúen de maneira significativa na confianza e nas posibilidades de crecemento, trasformación e investimento das nosas empresas, así como na dinamización da demanda".

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.