CEG

 

A CEG avánzalle á embaixadora de Turquía, Nüket Küçükel Ezberci, un proxecto de misión comercial a Kayseri

A CEG avánzalle á embaixadora de Turquía, Nüket Küçükel Ezberci, un proxecto de misión comercial a Kayseri

A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) mantivo un encontro coa embaixadora de Turquía en España, Nüket Küçükel Ezberci.

Juan Manuel Vieites, avanzoulle á embaixadora turca un proxecto de misión comercial empresarial no que se está traballando desde a CEG. "No marco da Enterprise Europe Network, manifestaron interese desde Erciyes Teknopark en realizar unha misión comercial en 2024. Actualmente desde a CEG estamos a realizar unha investigación de mercado para coñecer que empresas/sectores galegos terían interese en participar nesta misión comercial a Kayseri, Turquía".

Sobre a rexión de Kayseri, que ten tres zonas industriais, a CEG detalla que ten unha poboación próxima a 1,5 millóns de persoas; catro universidades, máis de 50.000 estudantes e preto de 3.000 académicos e está próxima á rexión turística da Cappadocia.

Por outra banda, o presidente do empresariado galego, lembrou que, "en 2022, Galicia realizou exportacións por valor de 29.886 millóns de euros, dos cales 590 millóns foron a Turquía. As exportacións galegas a Turquía representan un 1,97 % do total exportado en 2022".

No ámbito das importacións "as cifras ascenderon a 27.083 millóns de euros, dos cales 758 millóns foron prevenientes de Turquía. As importacións provenientes de Turquía representan un 2.8 % do total importado por Galicia en 2022".

Ademais, detallou que entre España e Turquía existe un Acordo para a Promoción e Protección Recíproca de Investimentos (APPRI) vixente desde o 3 marzo de 1998 e un Convenio para Evitar a Dobre Imposición (CDI) que entrou en vigor o 18 de decembro de 2003.

As relacións bilaterais comerciais España - Turquía alcanzaron en 2021 cifras de exportación de 5.491 millóns de euros e importacións por valor de 8.326 millóns de euros.

Entre os produtos exportados destacados están os vehículos automóbiles e tractores (un 31 % do total exportado a Turquía), materias plásticas e as súas manufacturas (10,4 %), máquinas e aparellos mecánicos (9,1 %) e aparellos e material eléctricos (8,2 %). 

Destacan as importacións de vehículos automóbiles e tractores (17,1 % do total importado desde Turquía), pezas de vestir, excepto as de punto (16,6 %), pezas de vestir de punto (15,2 %) e máquinas e aparellos mecánicos (9,8 %).

En canto ao investimento, o fluxo de investimento bilateral de España en Turquía foi de 73 millóns de euros brutos; e o fluxo de investimento bilateral de Turquía en España de 11 millóns de euros. O estocaxe investimento existente de España en Turquía, con datos do 2019, foi de 5.345 millóns de euros. 

TwitterFacebook

Usamos cookies no noso sitio web para soportar características técnicas que melloran a súa experiencia de usuario.

Tamén usamos servizos de análise e estatísticas.