A Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) subscribiu un acordo de colaboración con Plexus Tech co obxectivo de darlle a difusión ao Programa de asesoramento Activa Industria 4.0 entre as organizacións e empresas integradas na CEG.
A CEG, a través dos seus distintos departamentos vén apoiando a mellora da competitividade das empresas e o seu acceso a distintos servizos de información e asistencia, de promoción da cooperación empresarial e de difusión e participación en proxectos das empresas de Galicia.
Entre as áreas que requiren dunha maior implicación e reforzo para a mellora da competitividade das PEMES figura o apoio e asistencia para a dixitalización dos ciclos e procesos produtivos das empresas ante os importantes cambios que se están producindo neste ámbito.
Pola súa banda, Plexus Tech é unha compañía tecnolóxica que ofrece produtos e servizos especializados a cada sector. "A experiencia de traballar con tantos sectores bríndanos a capacidade de saber que tipo de web ou canle de comunicación necesita o seu consumidor e como é a mellor forma de chegar a el". Así a finalidade do seu programa de asesoramento activa industria 4.0, detallan, "é ofrecer un diagnóstico e análise exhaustiva da situación dixital de partida da empresa, a elaboración dun plan de transformación que inclúe a descrición cuantificación e priorización de oportunidades de dixitalización personalizados para o seu desenvolvemento e implementación".
Grazas a este acordo, a CEG realizará a difusión tanto do programa, como do carácter de entidade colaboradora de Plexus Tech, a través das súas canles e ferramentas de comunicación habituais.
Ambas as as dúpartes organizarán conxuntamente xornadas informativas dirixidas á difusión dos contidos e ferramentas do Programa de asesoramento Activa Industria 4.0 e cooperarán estreitamente para garantir que as súas actuacións teñan o mellor impacto posible.
O convenio entre ambas as dúas entidades foi asinado por Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, e Leoncio Touceda Taboada, xerente de Plexus Tech.